34
O Sergas está a facer un chamamento a 3.910 veciñas e veciños de Carballo con idades comprendidas entre os 55 e os 65 anos para detectar asintomáticos por covid. As probas realízanse ata este domingo de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas. Durante estes días mantense pechada ao tráfico a rúa Gregorio Marañón, que se utiliza como zona de estacionamento exprés para as persoas convocadas para o cribado. O alcalde, Evencio Ferrero, achegouse este xoves ata o centro de saúde para interesarse polo desenvolvemento da primeira xornada da proba, no que están a colaborar a Policía Local e Protección Civil organizando o acceso e o aparcamento.