36
- Desde o goberno local sinalan que esta situación non representa «nin de lonxe» o comportamento exemplar da maioría dos veciños
O depósito de plásticos agrícolas de Reparada, no concello de Vimianzo, amenceu este luns con lixo e materiais abandonados que non deberían de estar nese lugar. O goberno local rexeita totalmente estas actuacións porque «non representan, nin de lonxe, o comportamento exemplar da maioría de vimiancesas e vimianceses».
Este espazo tan só abre os luns, de 15:00 a 18:30 horas. Para a atención noutro horario ou día é necesario avisar previamente á Policía Local no 617 48 48 52.