Esta fin de semana arrancou o Mercado Artesán de Nadal organizado polo concellaría de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes do concello de Malpica en colaboración con varias entidades do municipio. Segundo confirman desde o goberno local, a primeira xornada, celebrada este sábado, obtivo unha «boa resposta» por parte da veciñanza e visitantes que puideron desfrutar de música tradicional galega, chocolatada, obradoiros artesanais e tamén a visita do Apalpador Cía Pajarito.
Este evento continúa no día de hoxe con diferentes propostas:
12:00. Apertura do mercado
12:30. Os Viqueiras e Cabezudos
16:30. Obradoiro de macramé con Vivo Macramé (dirixido a adultos). Inscricións no teléfono 698129203
16:30. Obradoiro de cestería con O Son das Varas (dirixido a nenos)
18:00. Chocolatada
18:30. Cé Orquestra Pantasma (Home orquestra)
Ademais, a partir das 16:00 horas a Casa da Cultura de Seaia acollerá a festa infantil de Nadal organizada pola asociación cultural e deportiva Carcaxía. Durante a mesma recolleranse xoguetes para doar á Cruz Vermella e á Asociación Mirabal. Por outra banda, a AVV de Leiloio desenvolverá outra festa infantil na Casa de Veciños da vila, de 16:00 a 20:00. Os participantes contarán coa visita de Papá Noel e tamén poderán desfrutar dunha chocolatada.