Continúa o reparto de mascarillas na zona urbana de Carballo

1 minutes read

Hai cinco equipos integrados por persoal e voluntariado de Proteccion Civil Carballo, Brigada Municipal de Obras, Cruz Vermella Carballo e Carballo Deporte traballando polas mañás e dous polas tardes. A distribución faise en todos os edificios, ben porta a porta ou ben nas caixas de correo cando é preciso, e en función dos datos que figuran no padrón de habitantes. Se a finais da semana algunha persoa pertencente a calquera parte do Concello non recibe as mascarillas ou non se axusta a cantidade ao número de membros da familia pode comunicalo a través do 981 704 700 ou enviando unha mensaxe a través de calquera das redes sociais do Concello de Carballo. A maiores, un equipo formado por traballadores da Brigada Municipal de Obras rematará o reparto nas parroquias que quedaran pendentes.