Continúa por terra a procura dos desaparecidos en Porto do Son


A busca dos dous mozos desaparecidos dende o luns mentres navegaban nun kaiak en Porto do Son faise xa só por terra. Salvamento Marítimo comunicou que logo de varios días sen obter resultados, suspenden a busca por mar. Aínda así fan un chamamento ás embarcacións que faenan na zona para que avisen de calquera indicio sobre o paradoiro dos mozos. As pescudas céntranse no litoral entre praia de Sieira e o faro de Cabeiro.