Continúan a bo ritmo as obras de mellora na ponte que une Caxadas e Baíñas, en Vimianzo

1 minutes read

A actuación de ampliación e mellora da seguridade na estrada provincial DP-9203 é unha das máis importantes en materia de infraestruturas dos últimos anos, que está a levar a cabo a Deputación da Coruña.

Os traballos, que contan cun orzamento de 1.335.000 euros, avanzan seguindo os pasos previstos e cumprindo cos prazos de obra. Nestes últimos días procedeuse á colocación das vigas que soportarán o peso da estrutura e prevese, seguindo o plan inicial do ente provincial, poder reabrir o paso ao tráfico a finais do vindeiro mes de novembro. Ademais, tamén se procedeu á colocación das prelousas e iniciouse a armadura da lousa.

Esta estrutura será renovada completamente e terá capacidade para desaugar, algo para o que non estaba preparada ata o momento.

Ademais, as intervencións permitirán construír unha senda peonil de case dous quilómetros de lonxitude e mellorar o sinuoso trazado da vía no núcleo de Padreiro, que presentaba curvas perigosas e un alto índice de sinistralidade.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, recalcou que se trata dunha das obras máis importantes nos últimos anos e que, a pesar das molestias causadas neste tempo, esta actuación suporá unha mellora considerable para a veciñanza.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?