32
Continúan abertas as inscricións para a I Carreira Nocturna «Baio, Porta Grande da Costa» que se disputará o vindeiro 30 de xullo e na que Víctor Fábregas exercerá de padriño e Jorge Mira Pérez de anfitrión. Haberá dúas modalidades de carreira (3K e 10K) con diferentes categorías. Este é un evento organizado por Tabeirón Dptvo Baio e por AV Tabeirón Baio co patrocinio do Concello de Zas e a colaboración da Deputación da Coruña.