Continúan as actividades do programa ‘Ruralízate’ en Cabana

Programa 'Ruralízate'_Concello de Cabana de Bergantiños

  • Os primeiros obradoiros desta edición iniciáronse en febreiro e consistiron en traballos manuais

O Concello de Cabana, a través do departamento de Servizos Sociais, está a levar a cabo unha nova edición do programa Ruralízate, unha iniciativa que busca ofrecer alternativas de ocio e fomentar a socialización entre a poboación do municipio e a súa contorna.

Os primeiros obradoiros desta edición consistiron en traballos manuais que se impartiron desde inicios do mes de febreiro na Escola de Vela municipal e nas instalacións da Asociación Íntegro en Nantón.

As seguintes actividades para as persoas participantes, maiores de 55 anos, serán un taller de arranxos florais, que se impartirá de abril a maio; sesións de risoterapia, en xuño; restauración de mobles, de setembro a novembro; e obradoiros de arranxos de Nadal, entre novembro e decembro.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha