Continúan as actividades paralelas ao Rexenera Fest


Hoxe venres podes participar no xogo de pescudas para adultos/as que se celebrará de 19:00 a 21:00 horas. Terás que mergullarte na arte urbana e ir descifrando as incógnitas que se che irán presentando para poder chegar á meta, que non é outra que o descubrimento do tesouro. Haberá agasallos para todos/as os/as participantes, e para os/as tres primeiros/as en chegar á meta, ademais, serigrafías e prints de edición limitada das artistas Xoana Almar e Lidia Cao. Podes inscribirte no Museo de Bergantiños, a través o e-mail turismo@carballo.gal ou no teléfono 981 702 077. O punto de encontro será o Museo, lembra, hoxe venres 24 ás 19:00 horas. E prepárate para dúas horas de aventura!. E se queres coñecer máis de preto e con máis detalle o proxecto de arte urbana de Carballo podes facelo a través das rutas guiadas que organiza o Concello durante os dez días do festival para grupos de un máximo de 10 persoas.