Continúan as escolas de familia da asociación Vieiro en Carballo

1 minutes read
  • Trátanse temas moi diversos como a autoestima, a xestión das emocións ou as técnicas de estudo

A asociación Vieiro iniciou o pasado venres, 25 de febreiro, unha nova ‘Escola de Familias’ dentro do seu programa de prevención familiar. Neste caso as actividades desenvólvense no local social de Nétoma, na localidade de Carballo, todos os venres de 10:30 a 12:00 horas.

As psicólogas Lara Rodríguez de las Heras e Patricia Rodríguez Villar son as encargadas de impartir estas sesións na que se traballan a autoestima, a xestión de emocións, técnicas de estudo, resolución de conflitos, disciplina positiva ou a comunicación e o afecto.

Esta escola súmase a outras dúas na comarca de Bergantiños: unha situada no centro social da rúa Alfredo Brañas (Carballo) e outra en Coristanco. As actividades prolongaranse ata o mes de maio. Máis información no 981756161.