Continúan as melloras de seguridade viaria arredor dos centros escolares de Carballo

1 minutes read
  • A Concellaría de Mobilidade reorganiza as contornadas do IES Parga Pondal e o CEIP Bergantiños

A Concellaría de Mobilidade segue reforzando a seguridade viaria na contorna dos centros escolares de Carballo. Unha das últimas contribucións foi a renovación da sinalización nas zonas escolares, onde a velocidade de circulación queda limitada a 20 km/hora, ademais da colocación de topes de caucho nas prazas de aparcamento da rúa Vila de Ordes, xunto ao CEIP Fogar, evitando así que os vehículos invadan as beirarrúas.

Esta semana tamén se puxeron en marcha os primeiros proxectos de urbanismo táctico, unha fórmula de transformación urbana que muda o espazo grazas á utilización do mobiliario. A primeira intervención estase a desenvolver estes días na zona do IES Isidro Parga Pondal na que, a proposta do centro, se realiza unha reordenación dos aparcamentos así como a delimitación dunha senda peonil dende a ponte ata o instituto. Na vindeira semana actuarase na contorna do CEIP Bergantiños.