Continúan as melloras nas vías municipais de Malpica grazas aos fondos FEADER

1 minutes read
  • Esta semana actuouse no lugar de Loutoño

O Concello de Malpica completou unha nova actuación dentro do seu plan de mellora da rede viaria municipal. Nos últimos días finalizáronse os traballos de adecuación nun camiño no lugar de Loutoño, na parroquia de Cambre.

O proxecto contou cun orzamento de 46.477,83 euros, dos cales 38.416 correspóndense a unha axuda do plan europeo FEADER. A través desta subvención continúanse executando melloras en camiños do rural para facilitar a accesibilidade ás fincas dos agricultores do municipio.

Entre as tarefas que se realizaron estivo a limpeza e retirada da vexetación existente e a ampliación das marxes do camiño. Procedeuse tamén á retirada de escombros, a apertura de cunetas, á nivelación do terrero e á incorporación da canalización de augas mediante a formación de taxeas.