Continúan as obras de abastacemento a Oza e Razo

2 minutes read
  • O principal obxectivo neste momento é deixar accesibles as rutas do transporte escolar

As obras da rede de abastecemento de auga ás parroquias de Oza e Razo están a centrarse este verán nos ramais para non entorpecer os accesos á praia. Durante os meses de xullo e agosto cumpriuse ese obxectivo, pero nestes momentos, co comezo do curso á volta de esquina, preséntase outro: deixar accesibles as rutas do transporte escolar.

Precisamente con esa finalidade, nestes momentos continúan as obras na zona do Rodo, ata onde se desprazaron o alcalde, Evencio Ferrero; o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, e a concelleira de Facenda, Belén Lendoiro, para interesarse pola marcha e as posibles afeccións dos traballos.

A partir do mes que vén, a empresa construtora, a carballesa Ramón Vázquez y Reino, ten previsto intensificar os traballos, tanto no ramal principal como no propio núcleo de Razo. Aínda que a canalización está bastante avanzada, aínda queda moito traballo por diante, xa que estamos a falar dunha infraestrutura de 1,7 millóns de euros de orzamento para levar auga a 10 lugares de dúas parroquias.

MÁIS NOVAS SOBRE CARBALLO

O servizo municipal de control de pragas leva retirados un 61% máis de niños que o ano pasado por estas datas

O servizo municipal de control de pragas retirou entre os meses de xullo e agosto un total de 291 niños de avespa velutina, o 82% de todos os rexistrados este ano.

A presenza da especie invasora está a aumentar neste 2019, como demostra o feito de que se leven retirado un 61% máis de niños que o ano pasado por estas datas. A intensiva campaña de trampeo realizada na primavera, con 737 trampas e 12.511 raíñas capturadas, non foi suficiente para evitar a propagación da praga.

Os datos do mes de agosto revelan un novo incremento. O servizo municipal de control de pragas retirou 169 niños, 30 máis que no mesmo mes do 2018 e 47 máis que en xullo deste ano.

Carballo e Sofán foron, con diferencia, as parroquias máis afectadas, con 27 niños en cada unha delas. Árbores de todo tipo, pallotes, terrazas, alpendres, muros ou silveiras figuran entre os lugares escollidos polas avespas para facer os niños, pero en agosto incluso apareceu un nunha caixa de correos.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?