Continúan as obras de mellora na rede viaria municipal de Muxía

Pista de Xurarantes_Cedida

  • En concreto estase actuando en Xurarantes e na pista do «Semilleiro», en Quintáns

Esta semana operarios municipais do Concello de Muxía iniciaron o arranxo de varias pistan que presentaban un «mal estado», sinalan desde o consistorio. As melloras estanse realizando nunha vía de gran envergadura en Xurarantes e tamén no camiño do «Semilleiro», en Quintáns.

Desde o executivo destacan a importancia destas tarefas para mellorar a rede viaria do municipio xa que son «unha prioridade» para o mesmo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha