Continúan as obras de mellora viaria en varias parroquias da Laracha

Concello da Laracha

  • As actuacións, valoradas en 74.000 euros, están cofinanciadas entre o Concello e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

O proxecto de mellora viaria en tramos de acceso municipais a fincas agrarias situadas nas parroquias larachesas de Montemaior, Soandres, Cabovilaño e Lemaio está a punto de ser unha realidade. Hai catro intervencións contempladas, das cales unha xa está finalizada como é o caso da vía de San Fins de Arriba en dirección á estrada CP-2404, na parroquia de Montemaior.

Outras dúas están a ser executadas actualmente de xeito simultáneo. Localízanse nun camiño de Tuixe de Abaixo (parroquia de Cabovilaño) e na vía que comunica ese mesmo lugar con A Costa (entre as parroquias de Cabovilaño e Lemaio). Precisamente a esta última estrada acudiron o alcalde , José Manuel López Varela, e os concelleiros Jesús Souto e Pablo Cambón.

A intervención final afectara á estrada do núcleo de A Ferreira, en territorio das parroquias de Montemaior e Soandres.

En total invístense 74.000 euros a cofinanciar entre o Concello e a Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no marco do ‘Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas’.