16
- O goberno local segue apostando pola revalorización do patrimonio
O Concello de Muxía continúa cos traballos de limpeza e roza de cunetas grazas ao equipo multidisciplinar adicado a esta tarefa que, en doble quenda horaria, abarcará todas as parroquias do municipio.
Ademais, o goberno local continúa coa súa firme aposta de recuperación e revalorización dos elementos patrimoniais da localidade, como a fonte de Chorente, a área recreativa de Ponte Constante ou “O remanso dos peregrinos”. Outra as actuacións deuse no lavadoiro de Peropombo.
A recuperación e acondicionamento de estradas é outro dos plans en marcha do executivo local, como o despregamento en Touriñán e Campos; labores que “contribúen a unha optimización das conexións interparroquiais”, aseguran desde o consistorio.