Continúan as tarefas de roza e limpeza nas marxes das estradas autonómicas


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade retomou estes traballos tras renovar coa empresa pública Seaga o contrato para acometer tarefas de control da biomasa das marxes das estradas autonómicas para previr lumes e reforzar a seguridade viaria. Esta semana darase continuidade a estos traballos na AC-441, en Vimianzo; AC-432, en Camariñas e na AC-552, en Dumbría. A pasada semana rematáronse as tarefas de limpeza nas marxes da AC-550, ao seu paso polo municipio de Cee.