Continúan en Irán as protestas pola morte de Mahsa Amin

A televisión estatal iraniana elevou a 35 os mortos nas protestas que sacoden o país desde fai oito días polo caso de Mahsa Amin, que morreu tras ser detida por non levar ben o veo, peza obrigatoria no país persa. A Garda Revolucionaria de Irán bombardeou este sábado con artillería “tres campamentos de militantes kurdos” no norte de Iraq por supostamente apoiar as protestas que sacoden o país pola morte de Mahsa Amini. O Goberno comezou a restrinxir Internet, coas redes móbiles cortadas desde a tarde ata pola mañá desde entón, o que dificulta que manifestantes, xornalistas e activistas usen as redes sociais poidan compartir fotos, vídeos e informacións acerca do que está a ocorrer.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha