Cúmprense 29 días da invasión rusa de Ucraína e nada apunta a que a guerra vaia a terminar pronto. Este mércores os bombardeos alcanzaron vivendas nos arredores de Kiev. Estancado e mesmo expulsado dalgunhas das súas posicións terrestres, o exército ruso segue castigando a Ucraína por aire, onde ten unha clara superioridade militar. Os vídeos difundidos polo Kremlin mostran ataques de «precisión» e o uso de mísiles cada vez máis sofisticados desde posicións afastadas. Con todo, as imaxes satelitales mostran unha destrución xeneralizada de todo o país. O gobernador de Chernihiv, no norte de Ucraína, Viacheslav Chaus, denunciou a destrución dunha ponte utilizada para fornecer alimentos e medicinas a esta cidade de case trescentos mil habitantes. Chaus afirmou que isto non impedirá que siga chegando a axuda e prometeu que a ponte será reconstruída.
34