Continúan os controis para garantir o peche perimetral


Malia as novidades que se suceden en canto a medidas e restricións, o que non cambia é o peche perimetral da comunidade. Non se pode entrar nin saír de Galicia salvo casos xustificados.

O peche perimetral acordouse mantelo debido, sobre todo, á situación doutras comunidades que xa están na cuarta onda e cunha afectación moito máis elevada que a galega.

Non podemos saír de Galicia para ir a Asturias se non é cunha causa xustificada, como os motivos laborais ou sanitarios. E por iso continúan os controis para que ninguén atravese dunha comunidade a outra cun motivo sen xustificar.