Houbo mortos en Grecia, oito en Turquía. Máis dun millón de hectáreas queimadas en Siberia. Tres grandes incendios arrasaron Grecia o sábado. Un deles ameazou cidades enteiras e atravesou Eubea, a segunda maior illa do país, ao illar o seu parte norte. Outros incendios arrasaron as ladeiras das montañas e bordearon a contorna de enclaves arqueolóxicos, deixando tras de si un rastro de destrución. Máis lume no sur da península do Peloponeso, preto da antiga Olimpia, e en Fócida, na rexión de Grecia Central, ao norte de Atenas.
Incendio tamén do monte Parnés, parque nacional con importantes bosques. Seguía ardendo con brotes ocasionais, pero os labores de contención van ben. O fume dese incendio seguía estendéndose pola conca de Atenas. Anteriormente, o incendio encheu dun fume asfixiante a capital grega, onde as autoridades estableceron unha liña de atención para os residentes con problemas respiratorios.
As temperaturas disparáronse ata os 45 graos. Os peores incendios en décadas arrasaron zonas da costa sur de Turquía durante o últimos dez días. Resultaron mortas oito persoas. Houbo 217 incendios desde o 28 de xullo en máis da metade das provincias do país. Os bombeiros seguían traballando o sábado para controlar seis incendios en dúas provincias.
Na provincia costeira e turística turca de Mugla algúns incendios parecían estar controlados o sábado As chamas seguían ameazantes na zona de Milas. Os incendios forestais en Siberia puxeron en perigo a varios pobos o sábado que foron evacuados. No nordés siberiano houbo 93 incendios forestais. Arderon un millón cen mil hectáreas de República de Sajá, a rexión máis afectada de Rusia.
O lume tamén ardeu preto das aldeas de Byas- Kuel, Kytyl- Dyura, Sinsk, Yedyai e varios outros asentamentos. Os fortes ventos agravaron o perigo de que as chamas se estendesen rapidamente. Nos últimos anos, Rusia rexistrou altas temperaturas consideradas resultado do cambio climático.