Continúan os encontros parroquiais do PSOE de Santa Comba

1 minutes read

O candidato polo PSOE en Santa Comba, Alberto Romar, comprometeuse a percorrer todas as parroquias do concello antes de realizar o programa electoral.

Este sábado 25 será a quenda de Alón (ás 16:30 na Casa da Escola de Esmorode) e Montouto (ás 19:00 no Teleclub), mentres que o domingo 26 os socialistas estarán en Vilamaior (Teleclub, ás 16:30) e As Caselas (casa da escola, 19:00).

“Estas reunións non só son necesarias para confirmar de primeira man as necesidades das distintas parroquias e dos seus respectivos habitantes, senón que tamén para achegarse a realidades ás que desgraciadamente durante moitos anos os gobernantes estiveron dando as costas” declarou Alberto Romar.

O candidato socialista incide en que “a xente nos pregunta cando estaremos na súa zona, porque ten moitas ganas de achegar as súas inquietudes, aínda que moitas veces máis que inquietudes o que nos trasladan son necesidades moi básicas que nos parece intolerable que non estean xustamente atendidas. De aí o noso compromiso total e constante coa escoita activa, coa finalidade de formular un proxecto político construído para darlle por fin a volta á situación de Santa Comba”

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?