Continúan os labores de limpeza de cunetas nas vías da Laracha

Limpieza de cunetas en A Laracha_Cedida

  • O goberno local inviste nestas actuacións 95.000 euros financiados con fondos propios

O Concello da Laracha ten en fase de execución dous proxectos de limpeza e conservación de cunetas en estradas de titularidade municipal. O obxectivo destas actuacións é mellorar as condicións das vías e aumentar a súa capacidade de evacuación, reforzando tamén a seguridade viaria. O investimento alcanza os 95.000 euros, financiados integramente con fondos propios municipais.

Os traballos inclúen a completa limpeza das cunetas, a formación do arcén, o perfilado dos noiros e a poda das pólas saíntes. Actuarase en 71 quilómetros das parroquias de Montemaior, Soandres, Coiro, Lemaio, Lendo, Caión, Cabovilaño, Erboedo, Golmar, Lestón e Vilaño. Neste último lugar é donde se están acometendo as obras actualmente.