Continúan os traballos de mellora no campo de fútbol do CPI de Zas

Trabajos de mejora en el campo de fútbol del CPI de Zas_Cedida

  • Trátase dunha actuacións que foron demandadas pola propia comunidade educativa

O Concello de Zas está acometendo estes días os traballos de mellora do campo de fútbol do CPI da localidade cos que se lle dará resposta ás necesidades xurdidas dende a propia comunidade educativa. Segundo comunican desde o Goberno local, as obras “van máis alá do terreo de xogo” xa que tamén se están realizando traballos de acondicionamento da contorna para “habilitar unha pista de atletismo anexa ao campo de fútbol”.

A renovación destas dúas instalacións deportivas entra dentro do compromiso adquirido pola Administración municipal para o fomento do deporte e a conservación e mantemento das instalacións.