33
- Os participantes do obradoiro «Xuventude polo emprego» son os encargados destas tarefas
O alumnado do obradoiro conxunto ‘Xuventude polo emprego’, no que participan os concellos de Camariñas, Muxía e Vimianzo, estiveron onte martes neste último municipio adecuando e restaurando os bancos de madeira localizados na praza de Serramo.
Este obradoiro, financiado polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, conta cunha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.