Continúan os traballos de roza e limpeza en distintas estradas


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da empresa pública Seaga, realiza estes traballos de acondicionamento das franxas de dominio público de vías autonómicas para previr lumes e reforzar a seguridade viaria. Seguen as tarefas que nas últimas semanas se están a realizar na vía de alta capacidade VG.-1.2, que comunica a contorna do polígono de Vilar do Colo e Mugardos, ao seu paso polos municipio de Ares e Mugardos. O conxunto de traballos que se veñen realizando ao longo do ano, céntranse, principalmente, na retirada de especies pirófilas, aquelas que son máis propensas á propagación do lume, coa fin de previr incendios forestais.