Controlada unha vertedura de alcatrán no Pino do Val, en Mazaricos

Imaxe dun camión de Bombeiros

O Centro de Atención ás Emerxencias CAE112 emitiu unha alerta minutos antes da unha da tarde deste domingo. Informaba dunha vertedura de alcatrán duns 100 metros pola cuneta, á altura do punto quilométrico 74 da AC-400; Concello de Mazaricos, parroquia de Pino do Val. Ao lugar desprazouse unha dotación dos Bombeiros de Santa Comba, que unha vez no punto comprobaron que a vertedura procedía dunha pequena rotura nun silo de alcatrán ubicado nunha canteira do lugar. Entón procederon a realizar varios diques de contención co propio aglomerado da canteira para retela, o mesmo tempo que localizaron ao vixiante da planta que se fai cargo de poñer o feito acontecido en coñecemento dos responsables da canteira para subsanalo.