Gran partido o disputado este sábado polo conxunto dos xogadores do Calvo Basket Xiria, sabedores da importancia de gañar os partidos da casa, e máis contra un rival directo como este. O Basket Xiria saíu a polo partido desde o primeiro minuto, aínda que os ourensás non se deixaron sorprender. Mínima vantaxe no primeiro cuarto para o equipo carballés, 24-17.
Tras a reanudación a defensa agresiva do Xiria, sumado a un alto nivel en ataque marcou a diferenza para chegar ao descanso 18 puntos arriba, 46-28.
No terceiro cuarto houbo unha tímida reacción do conxunto visitante, pero non a suficiente para mermar o xogo local e privar que o marcador seguise en ascenso a favor do Calvo Basket Xiria, cun parcial de +25 ao remate, 73-48.
Con esta superioridade, o último tempo foi de trámite con moitos minutos e rotacións constantes de ambos os equipos e os de Héctor Méndez que non baixaban o acelerador, o resultado final fala por si só, +29, 89-60.