Contundente vitoria do Calvo Basket Xiria en Narón (48-118)


Calvo Basket Xiria retomou a competición tras o parón do Nadal, xogou contra o Baloncesto Narón este domingo ás 17:00 horas no Pav. Municipal da Gándara (Narón), partido importante para encarar a recta final desta primeira fase coma líder do grupo norte da 1ª Autonómica. O equipo carballés superou con nota ao seu rival en xogo e resultado do principio ao remate do encontro, con parciais de 12-31, 12-33, 14-26 e 10-28, acadando un resultado final de 48-118. Pablo López Pizarro foi o xogador ‘Calvo’ da xornada con 27 puntos en 19 minutos.