- O Concello cofinanciará os gastos da celebración e prestará apoio loxístico de material e persoal
O alcalde, José Manuel López Varela, acompañado pola concelleira delegada da área de Festas, Patricia Bello, firmou este xoves un convenio de colaboración para este ano co presidente da comisión de festas de Paiosaco, Antonio Vázquez Martínez.
A asociación organizará os festexos populares que se celebrarán na parroquia de Lestón durante este verán como as do Sacramento, do 18 ao 20 de xuño, ou a das Cereixas, prevista para a primeira fin de semana de xullo.
Con este convenio, o Concello cofinanciará os gastos das celebracións e prestará apoio loxístico con material e persoal ás mesmas. Ademais, complementará o programa da Feira das Cereixas, de Interese Turístico de Galicia, organizando directamente determinados eventos.
O goberno local expresa o seu agradecemento á esta comisión e a todas as outras entidades que organizan as festas de cada parroquia por «conservar as tradicionais celebracións populares e encher de vida e actividades lúdicas e recreativas o Concello».