Convenio en Porto do Son para executar o reforzo dun noiro na AC-550, en Lamas-Abuín

1 minutes read

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, asinaron de xeito telemático, este acordo para intervir na marxe esquerda desta vía, na parroquia de San Pedro de Baroña, ao norte do núcleo rural de Abuín, onde entronca o camiño de acceso a varias parcelas situadas en Lamas, Loncras e Toxodelo.

A intervención suporá un investimento que rolda os 43.000 euros, que será financiada integramente pola Xunta, que tamén será a encargada de contratar e executar as obras.

Pola súa banda, o Concello de Porto do Son porá á disposición os terreos necesarios e asumirá a explotación, mantemento e conservación das obras realizadas.

Esta actuación contratarase nas vindeiras semanas e prevese que poida estar rematada nos primeiros meses de 2024.

As actuaCións centraranse na construción dun muro de contención de xeometría irregular duns 30 metros de lonxitude e 5 metros de altura máxima, sen considerar a zapata.

O muro arrancará a continuación do xa existente, cunha cota lixeiramente inferior, de xeito que garanta a estabilidade do desnivel e xere un maior ancho do camiño que mellore as súas condicións de seguridade.

O Goberno galego continúa traballando na mellora das estradas autonómicas co fin de reforzar a seguridade viaria e proporcionarlles aos cidadáns unhas vías eficientes e cómodas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?