42
Conforme a este acordo, o Sergas comprométese coa Fundación A a facilitar ao seu persoal espazos e acceso aos responsables sanitarios nos hospitais da rede pública galega, para que estes poidan ofrecer ás persoas accidentadas e ás súas familias tanto apoio emocional, con persoal especializado en psicoloxía de emerxencias, como orientación legal e sociosanitaria, para facilitarlles o exercicio dos seus dereitos legais e o acceso ás prestacións sociais e sanitarias dispoñibles, actuando como intermediarios en colaboración con outras entidades. O desenvolvemento desta labor estará suxeito, tal e como fixa o convenio, ao previo consentimento da vítima e familiares e ao debido deber de confidencialidade.