Convenio para impulsar Galicia como destino do turismo de congresos

0 minutes read

A Xunta e a Asociación de Profesionais de Congresos asinaron un convenio por valor de 200.000 euros para impulsar Galicia como destino turístico destes eventos.
Enmárcase no plan de reactivación fronte a covid. Contempla a creación dun plató virtual no Gaiás para realizar eventos e a posta en marcha dun fondo para incentivar a contratación de espazos.
Ademais, o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, anunciou que se destinarán 600.000 euros á captación de congresos.