39
A Xunta financia con 50.000€ un convenio para favorecer a participación das persoas con discapacidade e mellorar a atención das súas necesidades. A Consellería de Política Social e Xuventude asinou co Comité de Representantes de Persoas con Discapacidade (Cermi) de Galicia, a organización que agrupa ás asociacións vinculadas a este colectivo na nosa comunidade, este acordo para apoiar o seu funcionamento. Estes fondos, que renovan o compromiso da Administración autonómica coas organizacións da atención á discapacidade, permitirán impulsar as súas funcións de mellora e defensa dos dereitos destas persoas.