Convenio Xunta – Ponteceso para construir unha pista de padel en Corme

1 minutes read

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou este mércores o concello de Ponteceso onde asinou co seu alcalde, Lois García Carballido, o convenio para a construción dunha pista de pádel na vila de Corme. Segundo o acordo asinado, a pista de pádel contará cun orzamento de 36.321,28 euros achegados na súa integridade pola Secretaría Xeral para o Deporte.

O secretario xeral destacou o crecemento dun deporte “en auxe” como o pádel que empasta á perfección coa máxima da Secretaría Xeral para o Deporte que avoga polo “deporte para toda a vida”. Así mesmo apuntou que “a oferta de instalacións deportivas do Goberno autonómico sempre será coherente coas demandas da poboación coa fin de que cada vez máis persoas practiquen actividade física”.