Converter Dolce Vita en Breogán Park custará 80 millóns de euros


O grupo Pelayo Capital acaba de obter a autorización da Xunta de Galicia para iniciar nestas instalacións a construción de Breogán Park. Unha superficie comercial con locais de restauración e de lecer que ten previsto abrir as súas portas a principios de 2022. O proxecto é, segundo explica Pelayo Capital, en nota pública, 100% coruñés e galego. As obras comezarán nos próximos meses e supoñerán un investimento de 80 millóns de euros. Calculan que xerará máis de 1.000 empregos directos cando estea en funcionamento, ademais de 300 en fase de obra.