Convocada a Mesa da Seca para o 4 de marzo

0 minutes read

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación convocou ás comunidades autónomas, as organizacións profesionais agrarias e cooperativas agroalimentarias a unha reunión da Mesa da Seca o 4 de marzo, na que se realizará unha análise territorial e sectorial da evolución climatolóxica e estudaranse as medidas para paliar os danos que poida producir a falta de choivas. O subsecretario de Agricultura, Pesca e Alimentación, Ernesto Abati García-Manso, presidirá a reunión.