Cee | Convocada a XIII Edición dos Premios Académicos Fernando Blanco

2 minutes read

A Fundación Fernando Blanco de Lema e o I.E.S. Fernando Blanco de Cee veñen de convocar a XIII Edición do Premios Académicos Fernando Blanco correspondentes ao Curso 2023-2024.
Esta iniciativa, xurdida no Curso 2011-2012, naceu cun dobre obxectivo: por un lado recoñecer e premiar o esforzo, aplicación e resultado do alumnado do centenario instituto ceense, e, por outro, recuperar unha tradición histórica da entidade, posto que xa no regulamento de 1886, recollíase a necesidade de agasallar aos mellores expedientes de cada curso.
Ao longo das edicións anteriores foron agasallados un total de 60 alumnos/as do centro educativo da vila da Xunqueira. Ao igual que en edicións pasadas, ditos Premios teñen por finalidade agasallar a 5 dos mellores expedientes académicos do I.E.S. Fernando Blanco de Cee (cursos: 1º de F.P. Básica; 3º da E.S.O; 1º Bacharelato; 1º de Ciclo Medio e 1º de Ciclo Superior). Cada un dos Premios está valorada en 500 € (220 € en metálico e 280 € en vales de compra a consumir en algúns dos establecementos colaboradores).
O alumnado que opte a estes galardóns deberá ter todas as materias aprobadas no mes de xuño, cunha nota media mínima de 8,5. A cerimonia de entrega celebrarase, nun día aínda por determinar do mes de outubro de 2024, no salón de actos do I.E.S. Fernando Blanco.

Para levar adiante esta iniciativa, a Fundación e o I.E.S. Fernando Blanco contará coa colaboración de varios establecementos que, ano a ano, son fieis á súa cita con este evento, e aos que a Fundación Fernando Blanco e a comunidade educativa do I.E.S. Fernando Blanco de Cee queren amosar a súa máis sincera gratitude.

As bases completas que rexerán a concesión das Becas Premio Académicos Fernando Blanco Curso 2022 – 2023 atópanse na web do museo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?