42
- O conselleiro do Medio Rural, José González Vázquez, explicará á veciñanza da parroquia de San Xoán de Carballo os traballos de limpeza recollidos no convenio Xunta-Concello.
O convenio asinado polo Concello de Carballo establece a colaboración financeira da Xunta de Galicia para garantir a xestión da biomasa, a formalización de contratos de xestión da biomasa cos titulares dos montes e a colaboración técnica das Administracións autonómica e local para poder actuar subsidiariamente se é preciso.
A xuntanza para dar a coñecer os traballos de limpeza previstos no convenio de colaboración está prevista para o luns 10, ás 11.00 horas, no Fórum Carballo. Será unha sesión informativa na que participará o conselleiro do Medio Rural, José González Vázquez. A xuntanza é aberta a toda a veciñanza.