Convocada en Cee a XV Edición dos Premios Académicos Fernando Blanco

A Fundación Fernando Blanco de Lema e o I.E.S. Fernando Blanco de Cee veñen de convocar a XV Edición do Premios Académicos Fernando Blanco correspondentes ao Curso 2025-2026. Esta iniciativa, xurdida no Curso 2011-2012, naceu cun dobre obxectivo: por un lado recoñecer e premiar o esforzo, aplicación e cualificacións do alumnado do centenario instituto ceense, e, por outro, recuperar unha tradición histórica da entidade, posto que xa no Regulamento orixinal de 1886, recollíase a necesidade de agasallar aos mellores expedientes de cada curso. Ao longo das edicións anteriores foron agasallados un total de 70 alumn@s do centro educativo da vila da Xunqueira. Ao igual que en edicións pasadas, ditos Premios teñen por finalidade recompensar a 5 dos mellores expedientes académicos do I.E.S. Fernando Blanco de Cee (cursos: 1º de F.P. Básica; 3º da E.S.O; 1º Bacharelato; 1º de Ciclo Medio e 1º de Ciclo Superior). Cada un dos Premios está valorada en 500 € (280 € en metálico e 220 € en vales de compra a consumir en algúns dos establecementos colaboradores). Ademais, o alumnado premiado recibirá un diploma conmemorativo. O alumnado que opte a estes galardóns deberá ter todas as materias aprobadas no mes de xuño, cunha nota media mínima de 8,5.

A cerimonia de entrega celebrarase, nun día aínda por determinar do mes de outubro de 2026, no salón de actos do I.E.S. Fernando Blanco.
Para levar adiante esta iniciativa, a Fundación e o I.E.S. Fernando Blanco contarán coa colaboración de varios establecementos que, ano a ano, son fieis á súa cita con este evento, e aos que a Fundación Fernando Blanco e a comunidade educativa do I.E.S. Fernando Blanco de Cee queren amosar a súa mais sincera gratitude.
Estes establecementos son: Aurora Sport Dequip; Centro Comercial Finisterrae; Fersi Papelería, Cabo Sport; Inforneria; Xeal; Parques e Xardíns Manuel García; Roberto G. Rigaut S. L.; O Semáforo de Fisterra e Abanca. As bases completas que rexerán a concesión dos Premios Académicos Fernando Blanco Curso 2025 – 2026 atópanse na web do museo: http://museofernandoblanco.org/premios-academicosfernando-blanco-2025-2026/

Related posts

A Rede Galega de Teatros e Auditorios achégalle ao público de Carballo 11 funcións escénicas ata finais de abril

A borrasca Ingrid deixou diversos danos en instalacións, equipamentos municipais e na rede viaria da Laracha

Preto de 60.000 euros para o mantemento de escolas de música e conservatorios da Costa da Morte