Convocada para este martes unha protesta contra a planta de biogás da Laracha ante Augas de Galicia na Coruña

1 minutes read

A Plataforma Stop Biogás A Laracha segue na súa liña de reinvindicacións contra o proxecto de macroplanta de biogás proxetada na parroquia de Soandres. Nesta ocasión, a oposición veciñal levará as súas reivindicacións ata a sede de Augas de Galicia na Coruña, este martes 13, ás 11.00 horas no número 2 da rúa Vicente Ferrer onde está a sede coruñesa deste organismo autonómico. Para facilitar a asistencia da veciñanza e reducir a pegada medioambiental, haberá un punto de encontro previo no Mosteiro de Soandres ás 10.00 horas, para compartir vehículos.

Despois de numerosos intentos de trasladar os seus argumentos legais, medioambientais e sociais ás administracións implicadas, a Plataforma considera que chegou o momento de volver ás mobilizacións na rúa: “Toca volver saír á rúa e mostrar que a veciñanza quere participar e ser tida en conta nas decisións que lles afectan”, afirman dende a Plataforma.


En paralelo ás accións de protesta veciñal, a Plataforma segue traballando tamén en actividades de concienciación medioambiental da veciñanza, como o obradoiro para crianzas realizado este pasado sábado, na XVI Festa Gastronómica no Campo de Fútbol de Vista Alegre (a escasos metros onde se proxecta a macroplanta) e que, organizada pola Asociación Santa Lucía de Soandres, contou coa participación de membros da Plataforma que realizaron un obradoiro e concurso infantil arredor do río Anllóns e dos impactos que terá a macroplanta de biogás que ésta producirá nel.