Convocada unha mobilización en Santiago para esixir medidas que eviten outra vaga de lumes

A plataforma ‘Por un monte galego con futuro’ vén de anunciar a convocatoria dunha nova protesta, nesta ocasión para esixir a aplicación de medidas que eviten outra vaga de lumes e para reclamar un plan de choque con axudas urxentes para as persoas e as zonas afectadas polos incendios.

Esta nova iniciativa da plataforma -integrada por máis de medio cento de asociacións, colectivos e organizacións e que naceu en 2018 para promover varias ILP de protección do bosque autóctono e de racionalización da xestión do monte e para amosar a súa oposición ao último Plan Forestal aprobado pola Xunta- consiste nunha manifestación nacional que terá lugar en Santiago o domingo 14 de setembro, con saída dende a Alameda ás 12:00 horas.

Related posts

Un traballador perdeu a vida tras caerlle un ferro enriba en Santa Comba

A Xunta pon en valor o obradoiro dual e o programa integrado de emprego de Arteixo

Un lume iniciado nunha manta eléctrica provoca a morte dun home en Moeche