Convocadas 109 prazas fixas para Correos en Galicia

0 minutes read

A empresa pública Correos ven de convocar 109 prazas fixas en Galicia. Máis da metade son para reparto, mentres que o resto se dividen entre atención en oficinas e axente de clasificación. O proceso forma parte dunha oferta de case 3.400 novas prazas en toda España. Os interesados teñen ata o 1 de decembro para apuntarse a través do seu portal corporativo da internet, onde tamén figuran as bases que rexen o proceso. Por provincias, Correos ofrece 63 postos na Coruña, 11 en Lugo, 12 en Ourense e 23 en Pontevedra.