Convocadas 35 prazas de emprego público para persoas con discapacidade intelectual

0 minutes read

En concreto o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a convocatoria de 31 prazas para a especialidade de limpeza e cociña e de catro prazas para a escala de Persoal de Servizos Xerais (PSX).

A inserción laboral de persoas con discapacidade constitúe unha vía fundamental para alcanzar unha plena integración social, polo que é necesario adoptar as medidas necesarias para incrementar o emprego destas persoas, aumentar as súas posibilidades de traballo e impedir calquera forma de discriminación.

Neste sentido, as administracións públicas deben promover e desenvolver iniciativas que axuden a alcanzar unha inserción laboral efectiva das persoas con discapacidade.