Convocadas 648 prazas de estadías lingüísticas no estranxeiro para alumnado de Bacharelato

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a convocatoria de 648 prazas dirixidas ao alumnado de Bacharelato para realizar durante este verán estadías lingüísticas no estranxeiro co fin de mellorar as súas competencias nos idiomas inglés, francés, portugués e alemán, de tal xeito que se subvenciona entre o 92% e o 62% do custo das estancias dos estudantes en Canadá, Reino Unido, Francia, Portugal e Alemaña. Con cargo a esta partida, a Xunta sufraga parte dos gastos de contratación dos monitores que acompañan a cada grupo, mantemento e aloxamento, traslados para actividades, docencia e material escolar, actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos, seguros de accidentes e certificado de realización do curso. O prazo para tramitar as solicitudes permanecerá aberto ata o 12 de marzo, e poderán formalizarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha