As familias e as comunidades veciñais poderán solicitar a partir de marzo as axudas da Xunta para instalar enerxías renovables nos seus fogares. A Administración dispón de 5,1 millóns de euros para subvencionar ata a metade de cada instalación. O prazo de solicitude remata en xuño. Estas axudas impulsaron o ano pasado arredor de 1.300 proxectos, dos que se beneficiaron preto de 1.700 familias. O Departamento de Planificación Enerxética da Administración galega convoca para este ano as mesmas axudas, coas que agarda resultados similares. As axudas para paneis fotovoltaicos para autoconsumo van desde os 4.000 euros para fogares individuais ata os 25.000 para comunidades. Para renovables térmicas poden acadar os 60.000 euros no caso de proxectos comunitarios.
36