Convocadas novas axudas para compensar as dificultades do sector gandeiro de carne

1 minutes read

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras de vacún de carne, de ovellas, de cabras, de aves ou de coellos que cumpran os requisitos establecidos a nivel nacional no Real Decreto 428/2022, do 7 de xuño, polo que se establecen as bases reguladoras destas axudas excepcionais. Ademais, os solicitantes deberán estar ao día no cumprimento das obrigacións tributarias ou fronte á Seguridade Social, así como de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Establécense unha serie de limitacións tanto para os beneficiarios coma para os diferentes tipos de gando. Só se poderá facer un pagamento único por animal, no caso das explotacións de vacún, ovino e cabrún, e un pagamento único segundo a capacidade da explotación, no caso de aves e coellos. Ademais, os límites financiables por persoa beneficiaria son de 125 vacas nutrices en explotacións de vacún, 520 xatos de ceba en cebadeiros vacúns e de ata 800 ovellas ou cabras, mentres que nos de aves e coellos haberá un mínimo de 251 e 50 prazas, respectivamente. As contías unitarias máximas serán de 60 euros por vaca nutriz, doce por tenreiro e cinco por unha ovella ou cabra.