O proceso consta de tres probas que comezan coa de aptitude física, na que por primeira vez non se establece o requisito de estatura. As persoas que a superen, serán convocadas á realización da proba de coñecementos e, de ser o caso, á de avaliación do coñecemento da lingua galega. Tanto os aspirantes aprobados como os incluídos na listaxe de reserva deberán superar, posteriormente, un curso de formación teórico-práctica na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) como requisito indispensable para ser contratados como auxiliares de policía local, agás os que xa o realizasen nos últimos catro anos.
As persoas interesadas poden presentar as solicitudes a partir de mañá ata o 14 de marzo na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Posteriormente, publicarase no DOG a relación de persoas admitidas e excluídas e, na páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública https://agasp.xunta.gal/gl, así como as datas de celebración das probas selectivas e demais comunicacións dos procesos.
Os 21 concellos que convocan as 96 prazas son A Cañiza, A Estrada, A Guarda, A Laracha, Barbadás, Bergondo, Cambados, Carballo, Cedeira, Gondomar, Malpica de Bergantiños, Meaño, Melide, Miño, Nigrán, Noia, O Barco de Valdeorras, Poio, Sada, Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa. A Xunta coopera desde 2017 cos concellos galegos na selección dos membros dos corpos de policía local, a través dun convenio de colaboración.