Convocado o proceso selectivo para prazas de auxiliares de Policía Local

Vehículo da Policía Local

O Diario Oficial de Galicia publicou este venres a convocatoria do proceso selectivo de 119 prazas de auxiliares de Policía Local para 26 concellos. O procedemento convócase polo trámite de urxencia, polo que todos os prazos se reducen á metade, agás os referidos á presentación de solicitudes, recursos e alegacións. A previsión é que as probas poidan celebrarse no mes de xuño. Entre os concellos que convocaron prazas para esta convocatoria están, A Laracha, Carballo e Malpica de Bergantiños.

Dáse así cumprimento ao acordo acadado no Centro de Coordinación Operativa (Cecop) fronte á covid-19, que na súa novena reunión do 16 de maio acordara iniciar os procesos selectivos de postos de auxiliares de policía local, por entender que a súa cobertura é indispensable para a protección do interese xeral.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha