Convocados 600.000 € en axudas para gandeiros afectados pola rata toupa

1 minutes read

Poderán ser beneficiarios destas axudas os titulares de explotacións gandeiras situadas nos concellos das Nogais, Baleira, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro, Samos ou Triacastela. Nesta liña, poderá ser subvencionable toda a superficie dos recintos declarados con uso de pasteiro na Solicitude Unificada de axudas da Política Agraria Común (PAC) da convocatoria de 2022, situadas na zona de afección pola rata toupa.

As parcelas para as que se presente solicitude e non figuren dentro da zona demarcada pola afección da rata toupa poderán ser obxecto de inspección por parte do persoal do Servizo de Explotacións Agrarias de Lugo. Se se considera que existe un dano evidente producido pola rata toupa poderán ser incluídas dentro das parcelas subvencionadas. O importe de axuda que se concederá a cada beneficiario será de 300 euros por hectárea. No caso de fraccións de superficie menores dunha hectárea a axuda será de 0,03 euros por metro cadrado. O prazo de solicitudes acaba de abrirse e remata nun mes. 

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?